Wednesday, August 25, 2010

COMUNICADO FECHAMENTO DE CAMPAÑA

No primeiro comunicado tentamos expor de forma clara os motivos e os obxectivos que nos levaron a facer esta campaña. Mais polos argumentos, respostas e comunicados que se publican, pensamos que podemos lograr un maior entendemento se expoñemos novamente a nosa postura sobre certos puntos:

Olympus e outras orquestras. A campaña céntrase en números concretos da orquestra Olympus polas implicacións do seu contido (expostas máis abaixo), e porque recollemos malestares respecto do mesmo que se fixeron públicos a través da rede, así como os que foron achegados de forma directa ao colectivo. Mais a denuncia esténdese ao resto de orquestras que inclúan este tipo de “espectáculos”, como consta no primeiro comunicado: http://panterasgz.blogspot.com/2010/08/as-panteras-rosa-ante-as-desculpas-de.html. Ademais estes malestares non partiron só de persoas organizadas en colectivos lgbt, senón tamén doutras persoas que asistiron algunha vez a estes shows, e que difiren tanto en orientación sexual, como en idade, vinculación coas verbenas, profesión, ideoloxía, etc.

O persoal e o espectáculo. Dicimos “espectáculo” porque queremos dicir precisamente iso, espectáculo. Repetimos que a denuncia se fixo sobre contidos concretos do traballo dunha orquestra, non sobre aspectos persoais. Cando a orquestra utilizou o seu dereito a réplica (tanto no primeiro comunicado como en comentarios posteriores) fíxoo en termos persoais, mais isto non implica que eses sexan os termos da nosa campaña, nin da nosa posición como colectivo. Cando o que se publica ou argumenta xira en torno a aspectos que non teñen nada a ver con eses números concretos sobre o escenario (como personalidade d@s compoñentes, capacidade de traballo, aspectos privados…) consideramos que non ten relación coa nosa denuncia, nin responde a ela.

Implicacións. Que un compoñente da orquestra se disfrace dunha versión ridiculista de gay, e violente ao resto de compañeiros perseguíndoos para meterlles man mentres estes escapan e o rexeitan, só reforza a visión de que o conxunto da sexualidade gay se reduce ao sexo constante e indiscriminado, e moitas veces non consentido. Visión prexuizosa, reducionista e discriminatoria pola que se argumenta que as nosas relacións non son relacións reais, nas cales pode existir compañerismo, cariño, amor, respecto… e que por iso son marxinais, e han reducirse ao superficial e ao festivo; que por iso non podemos establecer unións recoñecidas a nivel legal, nin podemos criar fill@s, nin debemos desfrutar dos mesmos dereitos nin merecemos o mesmo respecto. Por esta actitude que presenta o espectáculo de violentar e manter comportamentos que non son recíprocos nin consentidos se nos acusa en repetidas ocasións de violadores e pederastas.
Que este compoñente travestido sexa constantemente rexeitado, excepto para ser volteado, agachado e simuladamente penetrado de forma anal, reproduce a mesma visión prexuizosa e discriminatoria de que o sexo entre homes é unha cuestión xerárquica e vexatoria. Que ser penetrado é ser degradado, e polo tanto é algo a evitar. Mais penetrando asúmese a posición de poder, e de degradar a outro. E iso é algo a escoller. Como cando se nos escolle como brancos para facer “humor” nas aulas, no traballo… Cando se nos degrada verbal ou fisicamente en espazos públicos,…
E estes son só dous exemplos.
Transmitir estes contidos nos “espectáculos” é violencia, e significa manter as posicións de opresión e normalizar outros actos de violencia de diferente gravidade noutros espazos, xa que se constrúen sobre as mesmas conviccións.
E o que sucede coas mensaxes homofóbicas sucede de igual modo coas sexistas, e xenófobas. Por iso non o consideramos humor, nin espectáculo; porque non é diversión normalizar a opresión. E por iso nos mobilizamos.

Respecto de COLEGAS, o falso colectivo LGBT. Sinalamos de novo que este apadriñado do Partido Popular non nos representan como lgbts galegas, e que non compartimos en ningún momento os seus posicionamentos nin recoñecemos as/os seus integrantes como compañeiras e compañeiros.

Agardamos tras destas puntualizacións engadidas ter esclarecido aínda máis a nosa postura, na cal nos reafirmamos.

Dado que a Olympus presentou as desculpas pertinentes e manifestou que estes espectáculos concretos serían retirados, damos por finalizada a campaña, e permanecerá así mentres que se manteña a posición coa que se comprometeu a orquestra.


E a tod@s vós que nos apoiastes, que asinastes a denuncia, que comentastes, que vos unistes aos grupos en rede, que enviastes mails… que sumastes forzas! As Panteras queremos facervos saber que nos sentimos agradecidas, reconfortadas, empoderadas e orgullosas de ser lésbicas, gays, bis, trans, queers, feministas, migrantes, mulleres… e galegas, e de sacar as garras convosco!

Até a próxima loita!

Carta dun verbeneiro á orquestra Olympus


Boa tarde,

Levo toda a miña vida sendo un incondicional do mundo verbeneiro da nosa terra. Vou a cantas festas podo, colaboro coa comisión das festas da miña parroquia e valoro enormemente a calidade musical dos conxuntos que temos a sorte de ter, que sen dúbida xa quererían outros para si. Non dubido que temos moi bos músicos entre as orquestras do noso país.

Precisamente pola miña afección á boa música, á festa e á troula e bo ambiente que se vive na maior parte dos campos da festa nos que teño estado (con algunha excepción que lamento), non podo entender certas tendencias ou "modas" que dun tempo a esta parte parece que se teñen instalado ou se están a instalar aos poucos no repertorio musical/espectáculo dalgunhas das orquestras do país, entre as cales se encontra nun papel moi destacado a Olympus.

Recoñezo que nunca entendín nin compartín a imaxe, na miña opinión denigrante, que se ofreceu historicamente das mulleres na maior parte dos conxuntos musicais. Nunca asumín como normal que, por exemplo, mentres os homes dos conxuntos ou mesmo os solistas podían ir con traxes rechamantes pero normais, as mulleres tivesen que lucir corpo e levaren "canta menos roupa mellor". Pareceríame estupendo se fosen elas as que libremente o decidisen, porque se senten máis cómodas ou polo que sexa, mais sabemos ben que desgrazadamente, mesmo sen moitas delas seren conscientes, van así porque son exclusivamente un "produto de consumo" (ou polo menos de "goce visual") para o público masculino.

Tampouco entendo nada de nada -por moitas voltas que lle dou -a "moda" absurda de meterse co tópico dos "maricóns" (persoas de orientación afectiva-sexual homosexual), precisamente agora que parece que comeza a existir timidamente unha maior comprensión cara á diversidade nas orientacións afectivas nunha parte da poboación, hai algúns avances legais ou xa non existe, por exemplo, aquela chamada Lei de Perigosidade Social (antes chamada Lei "de vagos y maleantes"). Por que, sabían vostedesque até 1979 houbo en España persoas presas no cárcere polo simple delito de seren homosexuais ou transexuais? Só pasaron 30 anos, moi poucos. Moita xente que viviu nas propias carnes a dureza de vivir inxustamente nunha cela polo simple delito de amar a outra persoa (que importará o seu xénero!) continúa hoxe viva. Aínda que só sexa por iso, merecen un respecto. Son heroes e heroínas que o pasaron mal e que, como puideron, loitaron tamén pola liberdade e a democracia da que hoxe gozamos.

Como tampouco entendo a razón pola cal hai que incluír no repertorio musical un tema tan groseiro como "Matarile al maricón" ou por que, en determinado momento, un membro da orquestra se viste de algo parecido a unha muller mentres outro lle pregunta "se é verdade que é maricón" e este, logo de recoñecelo, empeza a perseguir o resto dos membros do grupo coa intención de "meterlles man". Coñecen vostedes moitas persoas homo ou transexuais que se comporten así? Eu a ben poucas, asegúrollo. Pola contra, coñezo moitos homes heterosexuais que van así detrás das mulleres calquera noite de venres ou sábado nun bar ou discoteca, sen que por iso ninguén os ridiculice nin os someta aoescarño público. Paráronse a pensar que se cadra abaixo do escenario, no campo da festa, hai homosexuais, hai mulleres, haitransexuais, hai persoas (sexa cal sexa a súa orientación ou condición)que se poden ver molestas ou directamente insultadas? Eu tiven que deixar de acudir ás festas nas que vostedes tocaban precisamente por esa razón. E, coma min, os meus pais, por exemplo, que o ano pasado volveron avergoñados das festas de Sada.

Imaxinen, por un momento, que haxa algún membro da Olympus que na súa privacidade, no seu particular "armario", teña unha condición afectiva homosexual ou practique relacións homosexuais ou bisexuais. Imaxinan o drama psicolóxico que ten que supor cada actuación musical, cada show, para esa persoa. Pode ser, desgrazadamente, que ela propia chegase xa a tal punto de autonegación ou de asunción da discriminación que nin a perciba como un problema. Mais a discriminación persiste, por moita carta de naturalidade que se lle queira dar. Pensen, se non, nas millares de mulleres maltratadas que seguen a aturar todo tipo de maltrato e violencias porque pensan que é "a maneira de ser" dos seus compañeiros sentimentais ou "a demostración de que as queren".

Veño de ter noticia de que unha das últimas "brincadeiras" incorporadas á súa xira deste ano consiste, nada menos, que en insultar un dos seus trompetistas afroamericanos, chegando a o chamar, poloque me contan, "negro de mierda" ou falando con el de xeito despectivo,con frases como: "a ver, ti, negro, entendes o galego?". Sinceramente,hai cousas que un público minimamente normal non pode asumir, calar nin tolerar. Por iso me animei a escribirlles e, coma min, sei que o está a facer algunha outra xente.

Comprobo con sorpresa como esas primeiras críticas ao seu xeito de actuar non só non son ben recibidas, senón que o son da peor maneira posíbel: perdendo as formas e respondendo con todo tipo de insultos e faltas de respecto a quen simplemente está a emitir, como público, unha opinión, correcta e formalmente, sen caer xamais en insultos nin descualificacións. Vexan se non a que me refiro:http://orquestaolympus.blogspot.com/2010/08/peke_19.html. Imaxinan vostedes unha empresa contestando así a reclamación dun consumidor? Pois pensen que vostedes son unha empresa e nós, con todo o dereito, os consumidores e consumidoras do seu espectáculo. Son as regras do chamado "libre mercado"; non as inventamos nós.

Dubido, sinceramente, que me respondan. Penso, ademais, que se o fan, será en termos de: "se non che gustamos, non nos vexas". Pois miren, non. As festas, polo menos de momento, son nosas, da xente, do pobo; non dos conxuntos, do diñeiro ou do negocio. Polo de agora -non sei por canto tempo -temos dereito a escoller e tamén a pedir, suxerir e reclamar. A grandeza dos vellos conxuntos musicais do país -desde Os Tempranos e os Mallo a Los Tamara -consistía non só na música, senón en que sabían que estaban ao servizo do público. As orquestras, grandes e pequenas, deben estar ao noso servizo; non o público ao servizo delas.

Moitas grazas pola súa atención.

Un saúdo

Francisco Rei GarcíaLiáns-Oleiros

Saturday, August 21, 2010

MAIS DECLARAÇONS DOS MEMBROS DA ORQUESTRA OLYMPUS

Pensamos que nom é preciso que fagamos qualquer tipo de comentário, deixamos que vós mesmas julguedes:

Danni

¿ ESTAMOS HABLANDO DE LA MISMA ORQUESTA?

En estos dias de locura generalizada por una serie de afirmaciones en los medios de comunicacion
que no me dejan de sorprender de manera exagerada, me gustaria saber , ¿Realmente estan hablando del mismo colectivo para el que yo trabajo?,¿ Estan hablando realmente de la misma empresa para la que yo dia a dia me estoy dejando la piel igual que lo hacen el resto de mis compañeros y de manera muchas exagerada mi compañeroPEKE?.

Bueno, Si les soy sincero, creo que no, pues llevo en esta empresa 4 años y jamas en mi vida e visto ningun tipo de mal gesto contra la gente de color, fuera del pais que fuera, ninguna mala palabra o rechazo a ningun ser humano fuera de la inclinacion sexual que fuera y mucho menos aun, ningun intento o amago de indole fascista...o que se le acercase a ello.

Desde que entre en Olympus, las intenciones fueron siempre positivas, en pro de la berbena gallega, si de la berbena gallega.... tratando de ayudar e impulsar desde la mas buena de las intenciones ,todas y cada una de nuestras fiestas, cuidando uno por uno, hasta el mas minimo detalle de nuestros Shows. Todos y cada uno de los detalles comicos que hemos realizado siempre encima del escenario ( En mi caso llevo haciendo la parodia del gay torpe mas de 11 años, pero siempre desde el maximo cariño, sin pretender ofender a nadie, de echo e trabajado mas de 10 años en ese ambito y tengo muchisimos amigos que han venido a verme a fiestas y jamas se han sentido ofendidos.....de todas maneras si ha sido a si pido disculpas, pues jamas fue miintencion herir la sensibilidad de nadie) lo hemos tratado de llevar a cabo desde el maximo cariño, sin animo de ofensa alguna. Y siempre tratando de hablar el idioma que se habla en las aldeas, ese que me enseñaron mis abuelos, que aunque al parecer ahora sea el incorrecto llevan hablando muchos siglos.

Pero como somos humanos y cometemos errores, pues evidentemente nadie es perfecto.....

Ahora debemos darnos cuenta, que al parecer las medidas de la -Libre expresion - han cambiado , el baremo de medicion que en un principio parecia inexsistente para este tipo de libertades, ya no es el mismo, pues aunque antes era absoluta, ahora para Olympus, que no para otros artistas a cambiado de una manera radical.....encargandose de matar lo que para nosotros es lo mas basico en un artista....... la naturalidad y los echos expontaneos que jamas, creo yo, al menos desde la intencion de todos y cada uno de mis compañeros, es tratar de faltar el respeto o herir la sensibilidad de nadie.

Y por ultimo quisiera lanzar un grito de apoyo absoluto a una persona que trabaja dia y noche sin descanso, para poder ofrecer al publico todos y cada uno de los dias, lo mejor de si mismo y de cada uno de sus compañeros de trabajo, me refiero a mi amigo y compañero PEKE.

Ahora les lanzo una pregunta a aquellos que dicen tener la razon en todas y cada una de las acusaciones que se han lanzado contra su persona......¿ Realmente yo, Daniel Lamas Ferreiro, como persona dentro de sus casillas podria llevar trabajando 12 años con una persona Senofoga, Homofoga y segun algunos fascista?.... Si le preguntan a cualquiera de las miles de personas que me conozen les dira...... Evidentemente NO.


P.D - Por cierto, yo soy galllego y ESPAÑOL.


Rodo dice:Olympus hasta la muerte...!!

Amigos,un saludo muy grande para todos los que estais al otro lado de la pantalla,nada que decir amigos y compañeros de noches y noches de fiesta tras fiesta..!!gracias por querernos y apollarnos,Peke eres grande,cada dia mas..LE PESE A QUIEN LE PESE..!!

Sabeis cual es el unico y absoluto motivo por el cual estos dias somos portada en los medios de comunicacion..??Pues que hay quien no soporta que saquemos banderas de España en nuestro show,que cantemos "yo soy Español,Español"y que celebremos algo tan importante como ser campeones de el mundo e identificarnos como Españoles hasta la muerte;este es el verdadero motivo,y claro como por aqui no nos podian atacar,pues lo hicieron por el camino mas facil,pero no importa,me uno a las disculpas de mi compañero Peke,pero eso no hara que yo siga comportandome como soy,ni tampoco hara que deje de ser VALLISOLETANO por nacimiento,ESPAÑOL hasta la muerte y casi casi GALLEGO (siempre tendre a Galicia en mi corazon por tantas cosas) pero eso si..con jeada y seseo,Hay Dior mio..!!

Mis mas humildes disculapas por simplemente ser naturales,y hacer nuestro trabajo como mejor sabemos.
Como no espero que todos paseis un buen dia,si puede ser en nuestra compañia mejor que mejor..!!

Os esperamos esta noche con los compañeros de la Orquesta Panorama en Rebordechan..!!

Friday, August 20, 2010

AS PANTERAS ROSA ANTE AS DESCULPAS DE PEKE


As Panteras Rosa queremos facer unha valoración das declaracións de desculpa publicadas por Peke, voceiro da orquestra Olympus.


En primeiro lugar dicir que valoramos positivamente o cambio de actitude, ante unha denuncia que consideramos xusta, e así o avalan as decenas de apoios que a campaña recebiu e está a recibir en tan pouco tempo.


Valoramos positivamente esas palabras pero somos prudentes e conscientes de que da noite para mañá as mentalidades non cambian. As palabras de odio e violencia expresadas anteriormente son difíciles de borrar cunhas breves liñas de desculpa.


Queremos, desta maneira, deixar ben claro que a finalidade deste campaña é a desaparición de todo tipo de comportamentos discriminatorios sobre os escenarios.


Exiximos un compromiso claro da orquestra Olympus de reformulación do seu espectáculo para libralo da carga sexista, racista e homófoba que nos levou a comezar esta campaña. Esperamos ademais, que as outras orquestras galegas tomen exemplo e fagan o mesmo.


No caso de que isto non aconteza, a campaña seguirá o seu curso. Pola vía da denuncia social e pola vía xudicial se for necesario.


Queremos por último deixar ben claro que a organización Colega, liderado por uns oportunistas apadriñados polo Partido Popular, non nos representa como LGBTs galegas.

Non compartimos en ningún momento os seus posicionamentos nin recoñecemos as/os seus integrantes como compañeiras e compañeiros. As Panteras Rosa como frente activista séntese partícipe dunha nova etapa do movemento LGBT de Galiza. Ese que hai máis de 20 anos que traballa no país polos dereitos das lésbicas, gays, bis e trans.


As Panteras somos bolleras, somos maricas, somos trans, somos inmigrantes, somos mulleres e estamos orgullosas e orgullosos de selo!

Ante a discriminación, ante o odio polo diferente non calamos, nin imos a casa a chorar como se espera de nós, ruximos e damos a cara cando é necesario.




A continuación reproducimos o citado texto de desculpas publicado no blog da orquestra Olympus:


Peke

Hola a todos/as, soy Peke:

Desde la orquesta Olympus y sobre todo en mi nombre, lamentamos profundamente las palabras salidas de tono que se dijeron en este blog y a preguntas de una periodista; estas declaraciones fueron hechas en un momento inoportuno después de varias semanas de presión sobre el comportamiento de las Orquestas y desde la rabia y sin reflexión por las acusaciones de racismo y homofobia, lo que tampoco las justifica.

Queremos expresar nuestras más sentidas disculpas a todas las personas que se hayan podido sentir ofendidas y mostramos nuestro respeto absoluto hacia todas las mujeres y el colectivo de gays, lesbianas, bisexuales y transexuales de Galicia.

Un saludo de Peke orquesta Olympus






Thursday, August 19, 2010

DENÚNCIA COLECTIVA À ORQUESTRA OLYMPUS (Apoios 20-08-10)

DENÚNCIA COLECTIVA À ORQUESTRA OLYMPUS E POLA IMEDIATA ERRADICAÇOM DOS VALORES DISCRIMINATÓRIOS NOS ESPETÁCULOS DE ORQUESTRA DAS FESTAS POPULARES DA GALIZA

De todas e todos é sabido os valores discriminatórios e principalmente sexistas que grande número de “afamadas” orquestras galegas reproduzem sobre os cenários nas verbenas e festas populares de toda a Galiza.

Os limites do tolerável, se é que a discriminaçom tem algum grau de tolerância, tenhem sido ultrapassados por umha das orquestras mais contratadas do momento, a orquestra Olympus.

Desde o ano passado, este grupo musical conta com um número em que um componente aparece travestido e outro membro do grupo pergunta: “ entom tu és maricom ou nom? a gente tem direito a saber se és maricom”. Isto entre outro tipo de brincadeiras homofóbicas e transfóbicas em que se denigra as mulheres, em especial as transexuais e os homens gays. Noutro momento da atuaçom: "que las solteras levantem las manos que voy a escoger".

Este ano o racismo foi incluído no seu repertório, assim nas suas atuaçons podemos ver como se dirigem a um componente afro-cubano do grupo da seguinte maneira: "a ver negro, a ver se dás feito o final como o fai Manolo Escobar!", "a ver negro, entendes o 'ghalhegho'?" "mirade, um mulato cantando como um andaluz!", chamando-lhe também "cola cao do caralho".

O seu espetáculo musical nutre-se de valores e brincadeiras discriminatórios contra as mulheres, contra o coletivo homossexual e transexual e ultimamente também de carácter racista.

Isto é de umha gravidade ainda maior se pensarmos que som as festas populares, na maioria das vezes totalmente ou em grande parte pagadas com dinheiro público.

Nom podemos permitir que valores inumanos como estes sejam tidos como corretos e menos ainda como divertidos, que tenham cabimento nos nossos festejos. Menos ainda que as instituiçons públicas e ditas democráticas forneçam um lugar e paguem eventos como estes.

Os coletivos e pessoas que abaixo assinamos queremos fazer chegar a nossa mais profunda repulsa por este tipo de espetáculos que suponhem umha apologia da intolerância e os valores discriminatórios. Queremos exigir à orquestra Olympus em particular, e ao resto de orquestras galegas, a imediata reformulaçom dos seus espetáculos de maneira que erradiquem o sexismo, a homofobia, o racismo e qualquer valor discriminatório.

De nom obtermos umha resposta satisfatória continuaremos com o nosso protesto perante a justiça, assim como com as iniciativas sociais de denúncia que considerarmos oportunas.

APOIAM:

Organizaçons.-

1) Panteras Rosa Galiza (Compostela)

2) Nomepisesofreghao (Moreia de Parafeministas Desgeneradas-A Corunha)

3) Somos de_Generando (Vigo)

4) Rede Feminista Galega

5) Galentendo (Ferrol)

6) TransGaliza (Colectivo de pessoas trans da Galiza)

7) BOGA (Mulheres Lésbicas e Bissexuais da Galiza)

8) CGC (Colectivo Gay de Compostela)

9) Nós Mesmas (Vigo)

10) Asociación Cultural e Medioambiental O Abordelo (Monfero)

11) NÓS-Unidade Popular (Compostela)

12) Colectivo político-musical SKÁRNIO (Vigo)


13) Maribolheras Precárias (Corunha)

14) Caramuxo, Camisolas da Galiza (Galiza)

15) Asociación Cultural Garipano (Compostela)


Individuais.-

1) Clementina Formariz López, funcionaria (Pontevedra)

2) Ximena Losada Arufe, distribuidora de material audiovisual (A Corunha)

3) Diego Lago Sánchez (Oroso)

4) Miguel David Paratcha Suárez, marinheiro (Noia)

5) Verónica Pidal Pardo, educadora social (Arteixo)

6) Maite Cambeiro Insua, estudante (Compostela)

7) Fátima Peón Torres, directora de teatro (Pontevedra)

8) Esther Basanta Regodesebes, técnica de proxectos (A Corunha

9) Xoán Carlos Miranda Carro, encarregado de comércio (Compostela)

10) Laura Cunha González, desempregada (Ferrol)

11) Alexandre Pérez Gómez, estudante (Ames)

12) Laura Pazos Pintor, mestra de música (A Corunha)

13) Martín Fernández Fernández, enxeñeiro (Vigo)

14) Nolim Gonzalez, moço de armazém (Redondela)

15) Ângelo Meraio, tradutor (Compostela)

16) María Xosé Castelo Lestón, funcionaria Consellería de Presidencia (A Coruña)

17) Mónica Otero Beceiro

18) Daniel Vázquez Rivera, estudante de engenharia informática (Ourense)

19) Vítor Manuel Lourenço Peres, Servidor público na administração do Estado (Ourense)

20) Fernando Martis López, desempregado (Narom)

21) Lara Rozados Lorenzo, artes escénicas (Compostela)

22) Lucía Rodríguez Jurjo, pintora (Compostela)

23) María Gómez Díaz, estudante (Castro de Rei)

24) Germán Montes Vicente, estudante (A Guarda)

25) Fernando Trigo Chouzinho, estudante (Compostela)

26) Erica Garcia-Santamarina Caridad, estudante (Compostela)

27) Elza Pereira Rodríguez, desempregada (Compostela)

28) Bruno Lopes Teixeiro, desenhador gráfico (Ferrol)

29) Xabier Pérez Igrexas, técnico administrativo (Vigo)

30) Álex Martínez Romera, desempregado (Ferrol)

31) Alfredo Saborido Pérez, traballador social (Ames)

32) Carlos Xabier Parrondo Reino, teleoperador (A Corunha)

33) Flora Miranda Pena, médica (Compostela)

34) Álvaro Fraga Rodríguez, estudante (Dodro)

35) David León Vázquez, estudante (Arzúa)

36) Fran Rei García, opositor (Oleiros)

37) Denís Bermúdez Delgado, estudante (Arzúa)

38) Rebeca Iglesias López, material audiovisual em sofware livre e formaçom em género (Vigo)

39) Rocío Fraga Sáenz, socióloga (A Corunha).

40) Beatriz Vilaverde Santamariña, desempregada (A Corunha)

41) Teresa Ramiro Fernandez , mariscadora (A Corunha)

42) Elisabet Pérez Costas, educadora social (Vigo)

43) Laura Cochón Piñeiro, auxiliar de enfermería (Pontevedra)

44) Rebeca Casal González, mariscadora (O Grobe)

45) Florencio González Fernández, guía de museo (A Corunha)

46) Laura Bugalho Sánchez, sindicalista (Ames)

47) Daniel Candal Castro, estudante (A Corunha)

48) Ana Doce Martínez, estudante (Vigo)

49) Ana González Xove, desempregada (Monfero)

50) Xosé Antón Pedreira Mirás, libreiro (Compostela)

51) Paula Iris Iglesias Osorio, estudante (Compostela)

52) Antía Insua Lema, estudante (Corcubión)

53) Carlos Valcárcel Riveiro, professor (Compostela)

54) María del Mar López González, estudante (Ames)

55) Mª Jesús Olivares Rodríguez, traballadora social (Ferrol)

56) Xaquín Bouza Leirachá, educador social (Valdovinho)

57) Xosé Hadrián Sousa González , estudante (Vigo)

58) Isaac Lourido Hermida, desempregado (Compostela)

59) Maria Carmen Puga Fidalgo, psicóloga (Compostela)

60) María José Belbel, profesora de EEMM e invesigadora queer (Madrid)

61) Patrizia Ponte, cozinheira (Compostela)

62) Noa Rios Bergantinhos (Ponte Vedra)

63) Guilherme Brea Farinha, fontaneiro (A Estrada)

64) Belém Grandal Paços, desempregada

65) Ana García Lenza, profesora de secundaria (Compostela)

66) Alexandra Rodríguez Lores, estudante (Compostela)

67) Iago Verde Vasques, estudante (A Guarda)

68) Manuel Veiga Díaz, profesor ensino secundario (Lugo)

69) José Fernando Míguez Veiras, empresario (A Coruña)

70) Paula Vázquez Verao, estudante (Sober)

71) Simón Ubeira Acuña, estudante (O Rosal)

72) Antón X. Díaz Gómez, enxeñeiro (A Coruña)

73) Ana Rossetti

74) María Riveira Vieira "Mavi", xogadora de fútbol sala (Fene)

75) Noemi Basanta Llanes, estudante (Meira)

76) Soraya Grela Rodríguez, estudante (A Laracha)

77) Gabriel Álvarez Reboredo, estudante (Ourense)

78) Mónica Otero Beceiro, traballadora social (Ferrol)

79) Laura Quintillán Núñez, ensinante de música (Vigo)

80) Alfonso Leal García, educador no tempo de lecer e xeógrafo (Silleda)

81) Carlos Lijó Gómez, estudante (Ribeira)

82) Eva Miranda Trigueros, deseño e publicidade (Vigo)

83) Lucía Agra Lagóstena, estudante (Vilagarcía)

84) Xosé Ramón Díaz, deseñador gráfico (Vilagarcía)

85) Diego Torres Iglesias, estudante (Cuntis)

86) Jorge Melero de la Calle, xornalista e fotógrafo (Ourense)

87) Bieito Landeira Saavedra, promotor de vendas (Cambre)

88) Patricia Coucheiro González, estudante (Antas de Ulla)

89) Francisco Manrique González Rodríguez, cozinheiro (Compostela)

90) Lucía Rodríguez Huertas, camareira (Pol)

91) Víctor Manuel Fuente Viaño, traballador do servizo de recollida do lixo, (Cesantes, Redondela)



ASSINA ESTA DENÚNCIA ENVIANDO-NOS UM E-MAIL A: panterasgz@gmail.com

Colectivos: Nome e concelho.

Individual: Nome completo, ocupaçom e concelho.

Também podes fazer chegar a tua queixa individual à orquestra Olympus no seu email: info@orquestaolympus.net