Friday, August 20, 2010

AS PANTERAS ROSA ANTE AS DESCULPAS DE PEKE


As Panteras Rosa queremos facer unha valoración das declaracións de desculpa publicadas por Peke, voceiro da orquestra Olympus.


En primeiro lugar dicir que valoramos positivamente o cambio de actitude, ante unha denuncia que consideramos xusta, e así o avalan as decenas de apoios que a campaña recebiu e está a recibir en tan pouco tempo.


Valoramos positivamente esas palabras pero somos prudentes e conscientes de que da noite para mañá as mentalidades non cambian. As palabras de odio e violencia expresadas anteriormente son difíciles de borrar cunhas breves liñas de desculpa.


Queremos, desta maneira, deixar ben claro que a finalidade deste campaña é a desaparición de todo tipo de comportamentos discriminatorios sobre os escenarios.


Exiximos un compromiso claro da orquestra Olympus de reformulación do seu espectáculo para libralo da carga sexista, racista e homófoba que nos levou a comezar esta campaña. Esperamos ademais, que as outras orquestras galegas tomen exemplo e fagan o mesmo.


No caso de que isto non aconteza, a campaña seguirá o seu curso. Pola vía da denuncia social e pola vía xudicial se for necesario.


Queremos por último deixar ben claro que a organización Colega, liderado por uns oportunistas apadriñados polo Partido Popular, non nos representa como LGBTs galegas.

Non compartimos en ningún momento os seus posicionamentos nin recoñecemos as/os seus integrantes como compañeiras e compañeiros. As Panteras Rosa como frente activista séntese partícipe dunha nova etapa do movemento LGBT de Galiza. Ese que hai máis de 20 anos que traballa no país polos dereitos das lésbicas, gays, bis e trans.


As Panteras somos bolleras, somos maricas, somos trans, somos inmigrantes, somos mulleres e estamos orgullosas e orgullosos de selo!

Ante a discriminación, ante o odio polo diferente non calamos, nin imos a casa a chorar como se espera de nós, ruximos e damos a cara cando é necesario.




A continuación reproducimos o citado texto de desculpas publicado no blog da orquestra Olympus:


Peke

Hola a todos/as, soy Peke:

Desde la orquesta Olympus y sobre todo en mi nombre, lamentamos profundamente las palabras salidas de tono que se dijeron en este blog y a preguntas de una periodista; estas declaraciones fueron hechas en un momento inoportuno después de varias semanas de presión sobre el comportamiento de las Orquestas y desde la rabia y sin reflexión por las acusaciones de racismo y homofobia, lo que tampoco las justifica.

Queremos expresar nuestras más sentidas disculpas a todas las personas que se hayan podido sentir ofendidas y mostramos nuestro respeto absoluto hacia todas las mujeres y el colectivo de gays, lesbianas, bisexuales y transexuales de Galicia.

Un saludo de Peke orquesta Olympus






No comments: